Primeiro Equipo

O canteirán Madinda logra a clasificación para a Copa África con Gabón

RC Celta

madinda-gabon-cupafrique.jpg

Un empate sen goles ante Angola asegúralles matemáticamente unha praza no torneo africano

 

O canteirán Levy Madinda podería participar na próxima Copa África que comezará en xaneiro tras clasificarse coa selección de Gabón. O empate sen goles cultivado por ‘As Panteras’ o pasado sábado ante Angola, no que Madinda foi titular, foi suficiente para asegurar unha praza no torneo africano, que dará comezo no mes de Xaneiro. O futbolista céltico continúa concentrado coa súa selección, coa que disputará o último partido da fase clasificatoria este mércores ante Lesotho en Libreville, capital de Gabón. Madinda consolidou a súa presenza no combinado gabonés, do que xa é un dos xogadores destacados.

 

Por outra banda, Orellana e Pablo Hernández finalizaron os seus compromisos coa selección de Chile. Os dous xogadores celestes participaron nos últimos 15 minutos da goleada ante Venezuela (5-0) nun amigable disputado o pasado venres en Santiago de Chile e no que Pablo Hernández pechou o marcador cun tanto de cabeza. O conxunto chileno xogou un segundo amigable onte martes, ante Uruguai, no que Orellana foi titular e Pablo Hernández quedou no banco. O resultado final foi de 1-2 a favor dos charrúas.

 

Orellana e Pablo Hernández xa viaxan de regreso a Vigo para reincorporarse aos adestramentos do Celta, mentres que a Madinda non se lle espera até o sábado. Outro internacional celeste, Krohn-Dehli, traballa desde comezos da semana co grupo. O danés foi liberado polo seu seleccionador tras o encontro clasificatorio para a Eurocopa ante Serbia no que foi titular e que se saldou cun valioso triunfo 1-3 que mantén aos nórdicos á fronte do seu grupo. Nolito, que debutou onte coa Selección Española en Balaídos ante Alemaña, reincorporouse esta mañá.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas