O Real Club Celta continúa garantindo a continuidade das súas grandes promesas
O Real Club Celta selou hoxe a renovación dunha das súas novas promesas do primeiro equipo, o canteirán Jonny Castro, que amplía a súa vinculación co club celeste até xuño de 2019. Con esta nova renovación, o RC Celta garante a continuidade dun dos seus futbolistas con maior proxección e consolida a súa aposta por construír un equipo de futuro.
Jonny Castro, (Vigo, 3 de marzo de 1994), chegou á canteira do Real Club Celta en categoría infantil e debutou co primeiro equipo céltico aos 18 anos, na tempada 2012-2013. O defensor celeste ha compaxinado o seu fulgurante crecemento no RC Celta con varias internacionalidades en diversas categorías da Selección Española, desde a Sub-18 até a Sub-21.
“Estou moi contento. Agradezo ao club a súa confianza en min”, declarou Jonny tras asinar a súa renovación. O canteirán asegurou sentirse “moi orgulloso” por poder defender o escudo do Celta e mostrou o seu agradecemento á afección: “Sempre estiveron connosco. Club e afección somos unha piña. Temos que seguir adiante porque xuntos podemos facer grandes cousas”.