A resonancia mostra unha ampla rotura no ligamento lateral interno do seu xeonllo
A Resonancia Magnética realizada hoxe polos servizos médicos celestes ao lateral Hugo Mallo confirma a existencia dunha ampla rotura no ligamento lateral interno do xeonllo dereito do xogador, lesionado no tramo final da primeira metade do partido do pasado sábado ante a Valencia. O período de recuperación do canteirán roldará os dous meses. O club quere enviarlle unha mensaxe de ánimo a Hugo Mallo e desexarlle unha pronta e total recuperación.