O parte médico desta tarde recolle unha importante novidade: o canteirán Brais Méndez xa superou por completo a súa lesión, unha contusión e esguince no ligamento lateral externo do seu nocello dereito, e recibiu a alta, polo que estará dispoñible para o partido do domingo ante o Sevilla.
Brais lesionouse no encontro disputado ante o Elche o pasado día 3 de outubro, motivo polo que non puido participar coa Selección Española na fase final da Nations League.