O canteirán celeste Brais Méndez, actualmente en Inglaterra realizando a pretemporada co primeiro equipo, sufriu no partido amigable do pasado sábado ante o Brentford unha contractura no adductor esquerdo. O centrocampista recuperouse sen maior complicacións e puido continuar adestrando con normalidade.