Primeiro Equipo

O alcalde a Carlos Mouriño: “fuches capaz de poñer en acción a un Celta moi débil e en dificultades e traelo a Europa”

RC Celta

recepcionuefa290916.JPG

 

O emblemático Pazo Quiñones de león foi escenario este mediodía da recepción oficial do RC Celta ao Panathinaikos, autoridades locais e responsables de UEFA con motivo da celebración do partido de UEL desta tarde en Balaídos. “Quero felicitar expresamente ao presidente do Celta. É un momento moi importante e chega polo teu traballo, fuches capaz de, a un Celta débil e en dificultades, revolucionalo, polo en acción e traelo a Europa” destacou o alcalde de Vigo, Abel Caballero.

 

O presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, comentou que “cando en Mónaco tocounos este grupo, lonxe de velo con preocupación pola dificultade dos equipos asumímolo cunha gran alegría por dous motivos, un deles é que nos enfrontamos a tres equipos dunha calidade extraordinaria, co cal a competitividade gaña, gaña o fútbol”.

 

“O outro porque no noso regreso despois de 10 anos ausentes de competicións europeas enfrontámonos a tres históricos do fútbol de Europa. Non vos desexamos que gañedes pero si que o afeccionado poida gozar dun magnífico partido”, sinalou Carlos Mouriño.

 

Abel Caballero pechou o acto dirixíndose ao presidente do RC Celta: “Querémosche transmitir a nosa emoción. Volvemos outra vez e estes tempos téñennos que facer felices”.

 

Á recepción asistiron, ademais do presidente celeste e o alcalde, a totalidade dos integrantes do consello de administración e directores do club, varios responsables municipais, unha delegación de Panathinaikos encabezada pola súa vicepresidenta e representantes de UEFA.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas