Miguel Cardoso e o seu corpo técnico non continuarán no RC Celta unha vez acordada a súa desvinculación da entidade. O Real Club Celta quere expresarlle o seu agradecemento, tanto ao adestrador luso como aos seus axudantes Jorge Maciel, Antonio Calado, Nuno Baptista e Francisco Costa pola profesionalidade, dedicación e esforzo que demostraron durante a súa estancia no RC Celta.
O club celeste deséxalles a todos o maior dos éxitos no futuro.