Primeiro Equipo

Nolito, convocado pola absoluta española

RC Celta

nolitoseleccion-tw.jpg

Del Bosque chama ao celeste de cara aos amigables ante Bielorrusia (Huelva) e Alemaña (Vigo)

 

Nolito e o RC Celta recibiron esta mañá unha noticia que enche de xúbilo a todo o celtismo. O atacante céltico foi convocado pola Selección Española para participar en dous encontros amigables, ante Bielorrusia e Alemaña, os próximos días 15 e 18 de novembro.

 

O espléndido rendemento de Nolito non pasou desapercibido para o seleccionador nacional, Vicente Del Bosque, que decidiu contar co andaluz para estes dous choques. O primeiro deles, ante Bielorrusia, disputarase en Huelva, mentres que o choque ante a vixente campioa do mundo, Alemaña, terá como escenario o estadio vigués de Balaídos. Os celtistas terán unha oportunidade única para ser testemuñas en casa do regreso dun futbolista do RC Celta á absoluta española.

 

Con esta convocatoria Nolito únese a unha lista de internacionais célticos coa Selección Española que estreou Pasarín en 1924 que ata hoxe pechaban o canteirán Borja Oubiña, quen debutou na absoluta en setembro de 2006 da man de Luis ARagonés, e o defensa Ángel López, convocado en novembro dese mesmo ano.

 

As entradas para o encontro de España-Alemania continúan vendéndose a bo ritmo, tanto na plataforma online (www.celtavigo.org/taquillaCelta) como nos despachos de billetes de Balaídos (de luns a venres, de 10 a 14 e de 17 a 20 horas).

 

nolitocamisetaseleccion.jpg

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas