Primeiro Equipo

Noite aciaga do Celta en Sevilla (4-0)

RC Celta

 sevills_cel_copa_4216.jpg

 

O Celta caeu con claridade en Sevilla no partido de ida das semifinais de Copa do Rei. Tres minutos nefastos, cun penalti non sinalado a Pablo Hernández e dous contras acabaron cun equipo vigués que fixera ocasións para marcar, remate ao pau incluído. Rubén detivo un penalti e debutou Marcelo Díaz.

 

A presión e a precaución dominaron o primeiro tramo do partido, cun Celta sólido, concentrado e sempre disposto a xerar perigo. O Sevilla facíao a balón parado, sorte en que tiveron moitas oportunidades e que na máis clara, aos 25 minutos, luciuse Rubén cunha gran parada.

 

Pouco despois, o árbitro sinalou un máis que rigoroso penalti de Sergi Gómez, que ademais foi amoestado. Rubén, maxistral, desviou o lanzamento de Gameiro desde o once metros.

 

A sorte deulle as costas ao Celta aos 29 minutos Gran centro de Orellana e cabezazo de Sergi Gómez á cruceta. E de novo, aos 33 minutos, gran ocasión tras unha espléndida xogada de Iago Aspas. O remate final de Tucu saíu rozando o pau. O Celta xa merecía moito máis.

 

No último minuto, o Sevilla aproveitou un dos seus moitos saques de esquina. Ramí cabeceou á rede para romper o empate e arroxar un xerro de auga fría sobre o equipo celeste.

 

Tras a continuación, gran ocasión de Cabral, de socato, que se atopa Sergio Rico. E houbo outra, moi clara, con penalti moi claro a Pablo Hernández, que recibiu un golpe tremendo cos tacos na área. E desa xogada, que acabou en cornér, veu o segundo do Sevilla nunha contra. Gameiro correu e anotou con calidade.

 

E pouco despois, nova contra e novo gol de Gameiro. Recibiu só e marcou a pracer. Terrible para un Celta que acosara ao seu rival e que xerara ocasións para marcar. En tres minutos, penalti non sinalado e dous goles á contra.

 

O Celta seguiuno tentando e tivo ocasións para marcar, pero foi o Sevilla o que volveu marcar á contra.

 

FICHA TÉCNICA

4-Sevilla FC: Rico, Trémoulinas, Kolo, Rami, Coke, N’Zonzi, Cristóforo (Carriço, min.70), Krohn-Dehli, Banega (Konoplyanka, min.73), Vitolo e Gameiro (Llorente, min.78)

 

0-RC Celta: Rubén, Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez, Jonny, Radoja, Wass (Marcelo Díaz, min.83), Pablo Hernández, Orellana, Iago Aspas e Guidetti (Beauvue, min.77).

 

Goles: 1-0, min.44: Ramí; 2-0, min. 59: Gameiro; 3-0, min.62: Gameiro; 4-0, min.87: Krohn-Dehli.

 

Árbitro: Clos Gómez, do comité aragonés. Amonestou a Iago Aspas, Sergi Gómez, Llorente, Ramí, Koke, Wass, Krohn-Dehli, Radoja.

 

Campo: Sánchez Pizjuán.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas