O centrocampista celeste foi operado da súa pubalxia o mércores
Nemanja Radoja recibe este xoves o alta hospitalaria e repousará no seu domicilio uns días antes de iniciar o traballo de recuperación, que segundo o Dr. Cota podería comezar “esta fin de semana ou o luns”.
O xogador céltico foi operado o mércores no Hospital Vithas Fátima da pubalxia que padecía desde facía meses. Será baixa ao redor dun mes.