Lista: van 19 xogadores.
Baixa de Okay: é un xogador que xogou nos últimos partidos, pero é unha posición para a que temos alternativas. Fixemos unha semana moi boa de traballo.
Posición de Beltrán: no centro do campo temos moita competencia. Lobotka, Jensen, Jozabed e Fran están dispoñibles e dannos confianza. Mesmo Brais pode xogar nesas posicións.
Defensa: Repito as palabras que dixo Hugo o martes: “defender é unha tarefa colectiva”. Hai que empezar por aí. Debemos ter unha reacción tras perda moi forte, algo que fixemos moi ben até o parón de Nadal. Ademais, hai que ter unha capacidade para reorganizarnos sen balón, volver canto antes e comezar aí o proceso defensivo. Moitos problemas resólvense cunha boa transición defensiva.
Dinámica: Vigo é un pobo de persoas do mar que teñen que ir pescar cando hai tormenta. Todos os días vexo saír barcos. Esa é a actitude que queremos. Agora empeza un novo campionato, temos ganas e condicións de facelo ben.
Dous meses de traballo: hai cousas que fixemos ben, outras que nos penalizaron moito nos dous últimos partidos. É importante que non esquezamos que o campionato está moi igualado e hai que renovar a enerxía e repetir as cousas que fixemos moi ben. Temos que traballar para iso e esta semana fixémolo moi ben. Sabemos o que podemos facer e debemos buscar nosa mellor versión e traela con regularidade.
Convocatoria: buscamos opcións entre todos os que cremos que están mellor para cada partido. Non hai ningún feito especial para levar a 19 xogadores.
Presión do partido: o equipo e eu vemos o partido como o primeiro partido do campionato que queremos xogar. Temos a ilusión de facelo mellor que na primeira volta. O calendario non é sinxelo, pero nós imos partido a partido.
Apoio: desde que cheguei ao club sinto un apoio moi forte ao traballo que fai o equipo. Temos unha estrutura moi forte detrás. É importante facer as cousas xuntos, non de maneira individual.
Mercado: todos os equipos están a reforzarse e sempre dixen que se hai unha oportunidade de mercado temos que vela e discutila. O mesmo para posibles saídas. O que me preocupa a min é facer mellores aos xogadores.
Ambiente polos malos resultados: non sinto que cambiase nada. Non leo a prensa nin miro redes sociais. O que si cambiou é a enerxía no vestiario, que se renovou.
¿Qué vitoria sería máis positiva? Hai adestradores que prefiren gañar 5-4, pero a min gústame gañar coa portaría a cero. Quero que o equipo gañe confianza porque non sofre. É importante ter un ambiente bo no estadio e que os afeccionados saiban que haberá momentos bos e malos durante o encontro. Necesitamos o apoio en todo momento para reaccionar nos momentos menos bos. Estou seguro de que faremos un partido moi competitivo.