Primeiro Equipo

Miguel Cardoso: “Temos ganas de facelo moi ben no Camp Nou”

RC Celta

O adestrador Miguel Cardoso comezou a rolda de prensa cunha mensaxe de solidariedade para a xente do mar de Galicia polos accidentes sufridos esta semana.

Xogadores non convocados: Hai futbolista que xogaron máis e outros que xogaron menos, pero iso non significa que no grupo teñan menos status ou traballen peor. O fútbol dáche unha oportunidade cada semana e non é xusto falar de xogadores máis ou menos importantes. Os xogadores que quedan fóra poden xogar en próximos partidos.

Júnior Alonso: Cada momento é diferente e un xogador pode non estar hoxe na lista e xogar a semana que ven. Hai que aceptar as decisións do adestrador e traballar para cambialas.

Partido contra o FC Barcelona: Será un encontro moi complicado. Hai que ser competitivos e estar ao máis alto nivel para pelexar polo partido. Hai que chegar ao límite a nivel individual e como equipo.

Exemplo Betis: Nós non somos o Betis. Eles teñen o seu modo de xogar e nós o noso, e ademais non temos o seu tempo de traballo.

Xogar no Nou Camp: A miña intención é que este equipo poida afrontar cada partido coa convicción de que o pode gañar. Temos ganas de facelo moi ben e debemos pelexar moi duro no encontro.

Messi: Un dos mellores do mundo, pero hai que ter coidado con todos os seus xogadores. Se xogase só Messi gañariamos seguro.

Posesión de balón: Imos tentar telo o máximo que podamos.

Rival: estou enfocado no que poidan facer os meus xogadores. Quero ver os comportamentos do meu equipo sobre o campo. O FC Barcelona é un rival que non che vai a permitir cometer moitos erros.

Mazán: Entre el ou Júnior Alonso, un vai xogar de lateral mañá.

Mercado de fichaxes: O máis importante para min é non perder capacidade. Oxalá acabe o mercado e nós sigamos íntegros. Todos os futbolistas son importantes, e é certo, pero hai postos máis difíciles de substituír.

Medo a perder xogadores: Temos xogadores valiosos que teñen sitio en moitos equipos e hai diñeiro para pagalos. Estou seguro de que o club fará todo o posible para manter o bloque até final de tempada.

Vacacións: Todos volverán o 30 pola tarde.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas