O adestrador do RC Celta, Miguel Cardoso, destacou a efectividade da Real Sociedad no encontro de volta dos 1/16 Copa do Rei en Anoeta. “Os detalles marcaron a diferenza”, recoñeceu o técnico celeste, quen eloxiou os goles dos donostiarras. “Marcaron dous tantos brutales”.
Cardoso puxo en valor a mellora do RC Celta respecto aos últimos partidos. “Fixemos cousas moi interesantes e temos a certeza de que cando facemos as cousas ben o xogo cambia o noso favor”, asegurou o adestrador portugués, quen apuntou que “aínda hai moito traballo por facer”.