Primeiro Equipo

Miguel Cardoso: «O equipo ten ganas de facelo moi ben»

RC Celta

Iago Aspas e Hugo Mallo: teñen algunhas molestias, pero a ver a que nivel para saber se están dispoñibles. Non existe o optimismo, senón medicamento. Se o doutor di que están dispoñibles seguro que irán.

Baixas na dianteira: adestramos distintos escenarios, con Iago, sen el, con Manolito Apeh, con outros xogadores… Temos moi clara as solucións para cada momento e iso é o máis importante. Tivemos unha semana de traballo moi boa e o equipo ten ganas de facelo moi ben.

Equipo: cada día vexo un equipo moi conectado, moi metido e con confianza. Seguro que mañá imos ser moi competitivos. Seguro que o equipo vai desenvolver o plan de xogo que temos definido.

RC Celta sen Aspas: é un equipo diferente porque é un xogador diferente. Non é o mesmo xogar con el, con Maxi ou con ambos. O meu traballo consiste en manexar o momento coas condicións que teño en cada instante.

Arbitraxe: no primeiro adestramento da semana díxenlles que o último partido xa pasara e que tiñamos que fixarnos no seguinte. Hai que comprender o que pasou pero mirar cara adiante.

Partido ante o Levante UD: é un encontro moi importante porque ambos os equipos necesitan os puntos.

Rival: é un equipo que ten calidade e posúe un estilo de xogo moi claro. Temos que comprender a nosa idea e pola en práctica. Estamos preparados.

Esquema con tres centrais: cando xogamos con 11 xogadores estivemos moi ben e é un sistema que se pode repetir en máis partidos. Unha estrutura de tres centrais permíteche atacar moi ben, non só defender.

Afección: mañá é un día do Celta. Sentimos un espírito moi forte no partido contra o Sevilla e gustaríame que mañá puidésemos volver sentilo.

Emre Mor: é un asunto que está en mans do club.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas