O adestrador do RC Celta, Miguel Cardoso, lamentou que o Real Valladolid remontase o partido. “Cando empezas a ser máis longo, cando non vas aos choques con todo ou cando non estás comprometido te vas a apagar. Por máis que o intentamos non tivemos a capacidade. O equipo foi valente, pero hai que estar 100% comprometidos. Non é a primeira vez que nos poñemos por diante e perdemos. Hoxe era un partido que había que gañar porque estabamos moi ben ata o descanso”, asegurou.
O técnico portugués quixo agradecer a viaxe dos afeccionados celestes a Valladolid. “foi incrible e é unha pena que non puidésemos darlles unha vitoria”, comentou.
O capitán Hugo Mallo mostrou a súa decepción pola derrota en Valladolid. “As sensacións son malas. Facemos moitas cousas ben pero á mínima créannos unha ocasión ou nos fan un gol. Isto non pode ser”, lamentouse.