O técnico portugués Miguel Cardoso é o novo adestrador do RC Celta unha vez pechado o acordo entre o club e o preparador luso. Cardoso, quen chega acompañado por catro técnicos axudantes, foi un destacado segundo adestrador durante un bo número de tempadas en diferentes conxuntos de primeiro nivel, entre eles Shakhtar Donest, Braga e Sporting de Portugal. Realizou unha espléndida tempada como adestrador do Río Ave, ao que levou á súa mellor clasificación histórica na liga portuguesa. A presente campaña dirixiu ao Nantes francés.
O adestrador celeste dirixirá a súa primeira sesión preparatoria este martes pola tarde na Madroa e será presentado ante os medios de comunicación ás 13.00 horas no Salón Regio de A Sede.