pospartido-cardoso-huesca-miniatura-011218.jpg
Primeiro Equipo

Miguel Cardoso: «Hoxe vimos un equipo moi forte e moi solidario»

RC Celta

O adestrador do RC Celta, Miguel Cardoso, mostrou a súa ledicia pola vitoria ante a SD Huesca no seu debut en ABANCA Balaídos. O preparador portugués destacou o xogo dos celestes e puxo en valor o traballo colectivo. “Hoxe vimos un equipo moi forte, un equipo moi solidario”, sinalou en rolda de prensa.

Outro dos aspectos que resaltou Cardoso foi o feito de terminar o partido sen encaixar goles. “As axudas e o espírito de equipo son aspectos que traballamos moi forte e é algo que che permite terminar coa portería a cero nos momentos difíciles”.

O adestrador do RC Celta encomiou a “agresividade” na presión dos xogadores locais cando non tiñan o balón. “A solidariedade axúdache moito”, comentou.

Sobre os dous próximos partidos que terá que afrontar o equipo celeste a semana que ven, Cardoso avanzou “cambios necesarios” e destacou a relevancia de ambos duelos. “Son partidos moi importantes”.

Por último, o adestrador adicou a victoria aos seus avós.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas