Primeiro Equipo

Miguel Cardoso: «Hai que competir ata o último minuto»

RC Celta

Lista: quédanse fora Radoja, Mazan, Iván Villar, Emre Mor e Cabral. Está Manolito co grupo.

Emre Mor: en todos os grupos de traballo hai liñas de conduta e é normal que sexa así. É unha decisión do club e é algo interno. Non quero falar de Emre en particular, senón en xeral. O talento non é o único que fai a un gran xogador. Os talentos teñen que ter unha serie de cuestións ao redor e só así se converterán en futbolistas que chegan ao máis alto nivel. O grupo está forte e moi unido.

Hoedt: é un xogador que nos aporta calidade, que ten experiencia e que reúne unhas características que nos facían falta. É forte por arriba e por abaixo, ten capacidade para xogar e a integración no grupo, que é moi importante, foi moi sinxela. Él fala castelán e iso fai as cousas máis fáciles.

Lesionados: a miña tarefa é tirar dos que están dispoñibles. Non estou preocupado polos xogadores que non están. Teño a seguridade de que estamos ben despois do partido ante o Valencia, onde fixemos cousas positivas durante 70 minutos. Sentín ao grupo moi metido. Aos que non están hai que coidalos para que non teñan lesións de novo. O de Iago non é unha cuestión grave e esperamos telo pronto connosco. Con David e Okay o mesmo.

Importancia del partido: É un partido importante porque é o próximo e hai que sumar puntos. Temos que poñer no campo as cousas boas que vexo no grupo. A semana pasada dicía que empezamos a segunda parte do campionato e non o fixemos ben. Hai que competir ata o último minuto. Nesta liga sofres un gol si baixas a garda, polo que hai que estar moi concentrados. Debemos romper a racha negativa.

Cargo: non teño tempo para pensar si o meu cargo está en perigo. Se o adestrador non pode traballar como o primeiro día non vai traer cousas boas ao equipo. Quero darlles a certeza de facer as cousas ben.

Desplazamiento de la afición: a nosa afección estivo connosco ata o último minuto do último partido. É normal que ao acabar haxa sentimento de frustración. Dáme moito respecto e alegría que viaxen connosco e faremos todo o posible para darlles unha alegría.

Estado de ánimo: é normal que o equipo estea afectado logo dunha derrota, pero non o está no día a día.

Mercado de fichajes: non me gusta nada o mercado de fichajes en xaneiro porque fai moito dano aos equipos. O enfoque é que podamos ser máis fortes si xorde a oportunidade. Estaremos atentos ata o último minuto.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas