O adestrador do RC Celta, Miguel Cardoso, catalogou de “xusta” a derrota do RC Celta ante o Athletic Club en ABANCA Balaídos. O técnico portugués lamentou o xogo dos celestes no primeiro partido do ano. “Estivemos lonxe do que fixéramos ata agora. No fútbol e nesta competición os partidos xóganse ao límite e nós estivemos moi lonxe diso. Hoxe perdemos e perdemos ben”, apuntou en rolda de prensa.
Cardoso sinalou que “hai que facer máis cousas dentro do campo para poder gañar” e valorou a importancia de cada encontro. “Nós xogámonos a vida en cada partido. Gañar hoxe tamén nos puña nunha posición mellor e sabiamos que estabamos a pelexar por iso. Non estivemos coa actitude para comprendelo”, asegurou o portugués.