O Real Club Celta quere trasladarlle ao ex xogador celeste Michael Krohn-Dehli todo o seu apoio e enviarlle unha sincera mensaxe de ánimo tras a grave lesión que sufriu este xoves no seu actual equipo, o Sevilla FC.
O club deséxalle ao xogador unha pronta e total recuperación e reitera o seu desexo de que o internacional danés volva canto antes á actividade para seguir deleitando aos afeccionados co seu xogo.