Primeiro Equipo

Mazan: “Gústame o Celta porque non ten medo a ningún rival”

RC Celta





Robert Mazan, primeira fichaxe do RC Celta no mercado invernal da 2017/18, presentouse oficialmente como xogador celeste este luns no estadio de Balaídos. O lateral zurdo estivo acompañado na súa primeira rolda de prensa polo vicepresidente Pedro Posada e o director deportivo Felipe Miñambres. Tampouco perdeuse a súa posta de longo o centrocampista céltico Stanislav Lobotka, compañeiro de Mazan na Selección de Eslovaquia. “Vin ao equipo e gústame moito. Non ten medo a ningún rival”, asegurou o novo futbolista celeste.

Mazan, “de perfil ofensivo” en palabras de Miñambres, afirmou que está “fisicamente moi ben”, aínda que recoñece que necesitará un tempo para adaptarse ao equipo. “No seu anterior equipo e na súa selección o estilo de xogo é similar ao do Celta, algo que lle axudará na súa adaptación”, engadiu o director deportivo. Tras atender aos medios de comunicación, o defensa eslovaco enfundouse a elástica celeste e pisou por primeira vez o céspede de Balaídos para realizar a tradicional sesión fotográfica ante a afección. O zurdo será xogador do Celta ata 2022.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas