O Celta caeu no desconto despois de dominar a segunda metade, na que reclamou dous penaltis
Crueldade máxima no Ono Estadi. O Mallorca marcou no desconto nun rexeite, e en posición dubidosa de Giovani, levou o partido de maneira inmerecida. Foi un partido de alta tensión no que ao Celta non lle sinalaron dous penaltis a favor e no que mereceu moito máis. A primeira metade foi intranscendente e na segunda os celestes dominaron e dispuxeron de varias ocasións para marcar.
Máxima tensión no arranque do partido, con moitas precaucións en ambos os equipos, á espera dun fallo do rival e sen apenas correr resgos no tramo inicial. Cun cuarto de hora cumprido pouco pasara sobre o céspede.
O Celta mantíñase ben plantado no seu campo á espera de poder saír con claridade. Fíxoo aos 20 minutos, cunha gran ocasión de Álex López, quen recibiu ante Aouate de Oubiña e lanzou excesivamente cruzado.
O equipo vigués había mellorado, empezábase a soltar e a chegar con certo perigo, como cun centro de Augusto coa zurda ao que non chegou por pouco Álex López. Os celestes dominaban a posesión, aínda que o cadro local xerou perigo a balón parado: Javi Varas interveu con acerto en dous lanzamentos de falta de Giovani.
Pouco máis paso até o descanso, con moitas imprecisións no tramo final.
Tras o descanso, o Celta a punto estivo de marcar a balón parado, unha falta lateral, pero Aouate acabou atrapando o coiro. Vila cabeceou despois alto tras unha boa xogada de Kronh-Dehli. O Celta apertaba moito máis e chegaba con perigo.
Aos 13 minutos, penalti claro cobre Bermejo non sinalado. Xogada terrible para o Celta. Cinco minutos despois, Borja Oubiña rematou á saída dun córner e o coiro saíu rozando o traveseiro. Gran ocasión para un Celta que nesta segunda metade era netamente superior ao seu rival.
Aouate sacou un balón envelenado de Kronh-Dehli nunha nova ocasión para os célticos, con novo penalti non sinalado sobre Túñez, quen chegou a rozar o coiro.
O dominio do Celta ía crecendo, cun Mallorca metido atrás e sen apenas resposta. Aos 29 minutos, Orellana recortou e lanzou coa esquerda, pero desviado. Javi Varas sacou despois un remate de Alfaro nunha contra local.
Nos últimos minutos, moitos nervios, pero con ambos os equipos buscando a área. No desconto, nun rexeite, Giovani, en posición dubidosa, anotou o único tanto do partido. Crueldade máxima para os celestes.
FICHA TÉCNICA
1-R.C.D. Mallorca: Aouate, Hutton, Geromel, Bigas, Kevin, Martí (Pereira, min.71), Pina, Javi, Márquez (Tissone, min.71) , Alfaro (Arizmendi, min.83), Hemed e Giovani
0-R.C.Celta: Javi Varas, Jonny, Vila, Túñez, Roberto Lago, Oubiña, Natxo Insa, Augusto, Álex López (Orellana, min.79), Krohn-Dehli (Pranjic, min.82) e Mario Bermejo (Park, min.76)
Goles: 1-0, min.92; Giovani
Árbitro: Gil Manzano, do comité extremeño. Amonestou a Roberto Lago, Bigas, Pina
Campo: Iberostar Estadi