O RC Celta e a Valencia CF alcanzaron un acordo para o traspaso de Maxi Gómez, que abandona o conxunto celeste despois de dúas tempadas. O RC Celta gárdase unha porcentaxe dunha futura venda.
O gran rendemento de Maxi Gómez no club vigués, onde anotou 31 goles e repartido 10 asistencias nas dúas tempadas que vestiu a camiseta celeste, permitiulle consolidarse nas convocatorias da selección uruguaia, participando nun Mundial e nunha Copa América.
O club quere expresarlle a Maxi Gómez o seu agradecemento pola súa entrega e traballo durante a súa etapa no Celta e a maior das sortes no seu novo desafío deportivo.