maxi-gomez-entrenamiento-celta-madroa-021118.jpg
Primeiro Equipo

Maxi Gómez recibe a alta e Lobotka sofre unha escordadura de nocello

RC Celta

Cara e cruz no parte médico do primeiro equipo. O goleador celeste Maxi Gómez, lesionado o pasado 15 de outubro durante un amigable coa selección de Uruguai, recibiu este venres a alta médica. O dianteiro arrastraba unha escordadura do ligamento lateral interno do xeonllo esquerdo, doenza da que se recuperou totalmente a tempo para porse a disposición do adestrador de face ao próximo partido de Liga ante o Real Betis (domingo, 20:45, Benito Villamarín).

Lobotka, baixa para o Betis-Celta

O centrocampista Stanislav Lobotka retirouse lesionado na segunda parte do partido de Copa do Rei ante a Real Sociedade. A radiografía realizada tras o encontro descartou calquera fractura na perna esquerda, na que sofre un traumatismo, pero revelou que sofre unha escordadura no nocello esquerdo que lle impedirá viaxar a Sevilla.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas