Mathias Jensen, por fin recuperado dunha rotura fibrilar que lle impediu debutar co RC Celta, volveu gozar de minutos o pasado venres coa selección sub-21 de Dinamarca. O celeste foi titular e xogou o primeiro tempo completo no triunfo 2-0 ante Finlandia.