O centrocampista danés Mathias Jensen, quen debutou co RC Celta a pasada xornada ante o Getafe, sufriu unha lesión durante o adestramento matinal deste venres na Madroa. A doenza do futbolista localízase no semimembranoso da coxa esquerda e requirirá de probas médicas para determinar o alcance e tempo de baixa. Máis información no parte médico.