O centrocampista danés Mathias Jensen sufriu unha lesión durante o adestramento do venres na Madroa. A ecografía realizada ao xogador revelou que sofre unha rotura fibrilar no semimembranoso do muslo esquerdo, lesión que o manterá de baixa entre dúas e tres semanas. Máis información no parte médico.