Mathias Jensen xogou de inicio coa Sub-21 danesa no partido amigable disputado este mércores ante Croacia. O centrocampista celeste participou os 90 minutos do choque, que rematou con vitoria croata pola mínima (1-0).
Tamén foi titular co seu combinado nacional Sofiane Boufal. O internacional por Marrocos disputou o primeiro tempo do amigable ante Gambia, no que o conxunto marroquí caeu derrotado por 0-1.