O centrocampista celeste Stanislav Lobotka puxo este luns punto e final aos seus compromisos internacionais do mes de setembro. O eslovaco, que xa fora titular na derrota 0-4 ante Croacia, volveu formar parte do once inicial ante Hungría. O céltico xogou os 90 minutos e asinou unha asistencia, a do segundo gol, na vitoria 1-2 ante Hungría. Lobotka acumulou 180 minutos coa súa selección. Nas próximas horas reincorporarase aos adestramentos co RC Celta na Madroa.