Primeiro Equipo

LigaBBVA inclúe a Sergio entre as revelacións da tempada

RC Celta

sergio-cel-rmd-1415.jpg

O canteirán celeste é o único porteiro presente nesta lista de 9 xogadores

 

A web oficial de LigaBBVA incluíu a Sergio Álvarez entre as 9 revelacións da Tempada 2014/2015 en Primeira División. O canteirán celeste é o único porteiro que aparece nesta lista, na que o galego comparte protagonismo con Alberto Bueno (Rayo Vallecano), Griezmann (Atlético de Madrid), Dani Parejo (Valencia CF), Jonathas (Elche CF), Kakuta (Rayo Vallecano), Cherysev (Villarreal), Amrabat (Málaga CF) e Aleix Vidal (Sevilla FC).

 

LigaBBVA define a Sergio como un gardameta “áxil, seguro e, cando se terza, milagreiro” e destaca “actuacións tan soberbias como a realizada ante o Barcelona na primeira volta”. A boa tempada do ‘Gato de Catoira’ non pasou desapercibida para ninguén.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas