O Celta sumou en Xixón nun choque que comezou por baixo no marcador por un penalti sinalado ao comezo da segunda metade. Iago Aspas empatou cun gran lanzamento de falta e os celestes buscaron con afán unha vitoria que finalmente se lles escurrió, entre outras cousas, por un fóra de xogo mal sinalado que evitou un tanto de Planas.
Empuxou con forza o Sporting desde o inicio, cun Celta un tanto impreciso nalgunhas fases que tardou en entrar no partido. Rubén interveu con acerto en diversas ocasións na primeira media hora, na que os celestes tamén probaron a Cuéllar con remates de Rossi, Roncagia e Bongonda, un mísil que despexou con moitos apuros a meta local.
O descanso chegou con varias xogadas a balón parado do Sporting defendidas con eficacia polos vigueses.
Tras o descanso, aos dous minutos, penalti a favor do Sporting que anotou Moi Gómez. Terrible comezo do a segunda metade para o Celta. Jozabed estivo a piques de empatar pouco despois cun bo lanzamento que saíu rozando a madeira. E o pau evitou o segundo do cadro local tras un bo cabezazo de Traoré.
O Celta, con coraxe, empatou a falta dun cuarto de hora cun golazo de falta de Iago Aspas nunha xogada precedida pola expulsión de Meré ao derrubar a Bongonda cando encaraba ao porteiro. Pouco despois, un fóra de xogo mal sinalado impediu o gol de Planas… E o traveseiro un tanto do Tucu. Mimnutos espléndidos, aínda que cargados de infortunio. Finalmente, empate que soubo a pouco.
FICHA TÉCNICA
1-Sporting de Gijón: Cuéllar, Douglas, Meré, Amorebieta, Canella, Sergio Álvarez, Vesga, Carmona (Lillo, min.78), Burgui (Xavi Torres, min.72), Moi Gómez e Traoré (Cop, min.85).
1-RC Celta: Rubén, Roncaglia, Sergi Gómez, Fontás (Pablo Hernández, min.69), Planas, Marcelo Díaz, Radoja, Jozabed (Iago Aspas, min.59), Señé, Bongonda e Rossi (Beauvue, min.78).
Goles: 1-0, min.47: Moi Gómez, de penalti; 1-1, min.75: Iago Aspas.
Árbitro: De Burgos Bengoetxea, do comité vasco. Expulsou con vermella directa a Meré. Amonestou a Fontás, Marcelo Díaz, Roncaglia, Beauvue, Amorebieta.
Campo: El Molinón.