O Celta rompeu esta noite uno dos seus maleficios: Gañou ao Espanyol en Barcelona cun golazo de Rossi no último minuto de partido, unha xenial vaselina, e outro espléndido tanto de Sisto no desconto. O partido, intenso e igualado, catapulta aos celestes, que encaran plenos de moral o seu debut en Vigo na UEL.
Boa primeira metade do Celta, dominador e ambicioso ante un rival que agardaba no seu campo para contragolpear. Os vigueses acapararon o coiro, combinaron ben e trataron sen éxito de perforar a sólida e poboada zaga local. Houbo, iso si, moi poucas ocasións. A primeira do Espanyol chegou aos 26 minutos co primeiro desaxuste defensivo do Celta. Acabou nunha boa parada de Sergio a un remate de socato de Leo Batistao. Bongonda tivo a mellor para o seu equipo, pero Diego López logrou despexar o remate do belga.
Tras o descanso, xogo algo máis embarullado, con menos riscos, por parte de ambos os equipos, aínda que o Celta mantiña un lixeiro dominio do choque. O partido chegou ao último cuarto de hora aberto, co cansazo como elemento de gran peso. Desequilibrou un xogador extraordinario, Rossi, cunha vaselina espectacular no último minuto de partido. E no desconto, Sisto sentenciou con outro gran gol, un espléndido disparo tras arrincar en campo propio e avanzar veloz até a frontal.
FICHA TÉCNICA
0-RCD Espanyol: Diego López, Javi López, David López, O. Duarte, Víctor Sánchez, Diop, Javi fuego, Marc Roca (Hernán Pérez, min.46), Reyes (Jurado, min.67), Baptistao (Caicedo, min.50) y Gerard Moreno.
2-RC Celta: Sergio Álvarez, Jonny, Cabral, Roncaglia, Sergi Gómez (Hugo Mallo, min.82), Marcelo Díaz (Pablo Hernández, min.75), Radoja, Wass, Sisto, Bongonda (Rossi, min.70) y Iago Aspas.
Goles: 0-1, min.90: Rossi; 0-2, min.93: Sisto.
Árbitro: Undiano Mallenco, do comité Navarro. Amonestou a Roncaglia, Iago Aspas, Pablo Hernández, Marc Roca, Duarte.
Campo: RCDE Stadium.