O Celta sumou o seu primeiro punto da tempada e rompeu a súa dinámica de derrotas nun partido que mereceu gañar de maneira folgada. Os celestes dominaron, xeraron ocasións e estrelaron tres balóns na madeira, ademais de reclamar un penalti e varios fóra de xogo. O empate foi realmente un duro castigo para os méritos dun gran Celta.
Espléndida primeira metade do Celta, ao que lle falto unicamente gol, ou mellor ollo desde a banda na sanción dos fóra de xogo. Os celestes dominaron con claridade a Osasuna cun xogo veloz, pleno de verticalidad e ambición. O Celta era… iso, o Celta, e acumulou varias ocasións excelentes para adiantarse no marcador, incluído un espectacular lanzamento de falta de Wass á cruceta, un cabezazo ao pau de Cabral e un gol anulado a Guidetti por fóra de xogo… O descanso chegou cun empate sen goles realmente incrible e inxusto para os vigueses, que merecían unha cómoda vantaxe.
Tras o descanso, o partido non variou o máis mínimo Dominio abafador do Celta, erros graves na sinalización do fose de xogo, ocasións… A situación agravouse aos 59 minutos tras un claro penalti sobre Iago Aspas non sinalado.
O certo é que, a pesar da ambición, a superioridade e as ocasións, o partido chegou ao tramo final sen goles, aberto, a expensas de calquera erro ou desaxuste e cun Celta que acusaba o desgaste. Iago Aspas estrelou o terceiro balón da mañá na madeira. O Celta quixo e mereceuno de obra, pero non puido gañar.
FICHA TÉCNICA
0-CA Osasuna: Mario, David García, Oier, Oriol Riera (Sergio, min.86), Rivière (Jaime, min.53), Unai, Fran Mérida (Torres, min.61), De las Cuevas, Clerc, Imanol e Buñuel.
0-RC Celta: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Roncaglia, Jonny, Wass (Radoja, min.86), Pablo Hernández, Señé (Sisto, min.76), Iago Aspas, Bongonda e Guidetti (Rossi, min.62).
Goles: sen goles.
Árbitro: Trujillo Suárez, do comité tinerfeño. Amonestou polo Osasuna a Oier, David García, Fran Mérida e Torres; polo Celta a Guidetti.
Campo: El Sadar.