sergi070517.jpg
Primeiro Equipo

LIGA | O Celta cae de forma clara en Málaga (3-0)

RC Celta

sergi070517.jpg

 

O Celta non puido sumar en Málaga tras un partido no que os celestes dominaron a posesión, pero non foron capaces de xerar ocasións ante un rival que se adiantou na primeira metade e pechou o partido desde o punto de penalti.

 

Ao once minutos, con dominio do Málaga, chegou unha gran parada de Sergio a remate, próximo, de Sandro que meteu ao Celta no partido. Os vigueses espertaron tras esa xogada e comezaron a combinar con acerto e a xerar aproximacións.

 

O cadro local acertou aos 25 minutos cun gran lanzamento de Ontiveros desde a frontal. Os celestes apoderáronse do coiro tras en tanto e encerraron ao Málaga no seu campo, pero sen a profundidade necesaria para facer dano.

 

Tras o descanso, a madeira evitou o empate celeste tras un formidable lanzamento de falta de Marcelo Díaz. Pouco despois, o árbitro sinalou penalti sobe Sandro. Recio anotou para aumentar a vantaxe.

 

O Celta acentuou o seu dominio, pero sen lograr superar a barreira defensiva do conxunto andaluz, rochoso, ordenado e veloz á contra. Sandro marcou no desconto para pechar unha goleada esaxerada.

 

FICHA TÉCNICA

3-Málaga CF: Kameni, M. Torres, Llorente, Luis H., Ricca, Camacho, Recio, P. Fornals (Castro, min.89), Ontiveros (Keko, min.84), Jony (Juancar, min.74) e Sandro.

 

0-RC Celta: Sergio, Lemos, Cabral (Roncaglia, min.58), Sergi Gómez, Planas, Marcelo Díaz, Pape Cheikh, Bongonda, Señé (Hjulsager,min.69), Jozabed (Guidetti, min.82) e Beauvue.

 

Goles: 1-0, min.25: Ontiveros; 2-0, min.55: Recio, de penalti; 3-0, min.92: Sandro.

 

Árbitro: Del Cerro Grande, do comité madrileño. Expulsó a Berizzo e amonestou a Lemos, Guidetti (banquillo), Jozabed, Pape, Recio.

 

Campo: La Rosaleda.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas