Primeiro tempo dominado polo Real Betis. Os andaluces mantiveron a posesión do balón e gozaron dun par de boas ocasións frustradas por un excelente Sergio Álvarez baixo paus. O Celta espertou antes do descanso e a punto estivo de adiantarse no marcador. Bongonda tivo un man a man inmellorable co porteiro bético que non logrou resolver con acerto.
Xa na segunda parte, cando os vigueses parecían mellorar, chegou o tanto verdibranco. Brasanac cabeceou a gol un bo centro desde banda esquerda. Berizzo moveu o banco e tentou reverter o resultado dando entrada a Beauvue, Wass e Jonny.
O Celta tentouno ata o último minuto, rozou o tanto do empate, pero non conseguiu remontar unha mala primeira parte. O vindeiro xoves ás 20:30 os célticos mediranse ao outro equipo sevillano, o Sevilla FC, con motivo da xornada 34 de Primeira División.
FICHA TÉCNICA
0-CELTA: Sergio, Lemos, Roncaglia, Sergi Gómez, Planas (Jonny, min.63), Marcelo Díaz, Radoja, Pape (Wass, min.71), Jozabed, Bongonda, Guidetti (Beauvue, min.59).
1-BETIS: Adán, Rafa Navarro, Mandi, Bruno, Tosca, Durmisi, Brasanac (Cejudo, min.88), Rubén Pardo (Petros, min.86), Ceballos, Joaquín (Rubén Castro, min.82), Alegría.
Goles: Brasanac, min.54, 0-1.
Árbitro: De Burgos Bengoetxea, do comité vasco. Amonestou a Planas, Wass, Marcelo Díaz (Celta); Durmisi, Bruno, Navarro, Ceballos, Cejudo (Betis).
Campo: Balaídos, 15.851 espectadores.