Primeiro Equipo

LIGA | Noite aciaga do Celta ante o Villarreal

RC Celta

orellanavillcel1617.JPG

 

O Celta viviu unha noite realmente aciaga ante un Villarreal que castigou cada erro cometido polos celestes cunha efectividade enorme. Ao cadro vigués torcéuselle o partido enseguida e xa non houbo maneira de endereitalo.

 

O Villarreal anotou ao nove minutos no primeiro remate a porta do partido. Soriano gañoulle as costas á zaga e bateu a Sergio cun remate cruzado. Tres minutos despois, erro na circulación, mal despexe e dobrete de Soriano, que marcou cun remate afastado por encima de Sergio.

 

Despois dominio absoluto do Celta, con longas posesións e algunha chegada con perigo. Pero aos 38 minutos, perda de balón, contragolpe e gol de Bakambu para un Villarreal que non se achegou á área celeste durante un longo período. Duro castigo para o Celta na primeira metade, xa que o seu rival limitouse a aproveitar os seus erros e nesta tarefa mostrouse moi efectivo.

 

Tras a continuación, saque de esquina aos dous minutos e gol en propia porta de Wass. Noite aciaga para un Celta ao que non lle saía nada. Non houbo moito máis no partido, algunha ocasión celeste sen premio nun choque para esquecer, máis aínda cando ao final Sergi Gómez viu a segunda amarela, rigurosísima como a primeira, e foi expulsado e Trigueros anotou no desconto.

 

FICHA TÉCNICA

5-Villarreal: Asenjo, Mario, Jaume Costa, Trigueros, Álvaro González, Ruiz, Samu Castillejo, Bruno (Rodrigo, min.81), Sansone (Pato, min.72), Bakambu (Dos Santos, min.64) e Soriano.

 

0-RC Celta: Sergio; Hugo Mallo, Sergi Gómez, Cabral, Jonny; Radoja, Wass (Señé, min.72), Orellana; Pione Sisto (Pape, min.51), Bongonda e Aspas (Rossi, min.57).

 

Goles: 1-0, min.9: Soriano; 3-0, min.38: Bakambu; 4-0, min.48: Wass, en propia porta; 5-0, min.92: Trigueros

 

Árbitro: Estrada Fernández, do comité catalán. Amonestou a Álvaro, Iago Aspas, Orellana, Pape, Wass. Expulsou con dobre amarela a Sergi Gómez (86′).

 

Campo: El Madrigal.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas