Semana intensa para o RC Celta. Tras vencer á UD As Palmas en Balaídos o pasado luns e xogar este xoves en Mestalla, os celestes reciben no seu estadio á SD Eibar este domingo ás 16:15 horas. O cadro vasco é un rival directo dos vigueses na carreira por achegarse aos postos de clasificación a Europa, polo que sen dúbida será un choque atractivo.
O club estableceu para este encontro uns prezos populares que oscilan entre os 15 e os 40 euros para categoría ADULTO e entre 10 e 25 para SUB-25. Os billetes poden adquirirse nos despachos de billetes do estadio de luns a venres de 10 a 14 e de 17 a 20 horas, o día do partido desde as 10 ata o inicio de maneira ininterrompida ou en calquera momento do día a través da web www.celtavigo.org/taquillaCelta