O vindeiro domingo 30 de abril Balaídos acolle un dos encontros ligueiros máis atractivos para o celtismo, o duelo ante o Athletic Club, un partido que sempre destacou polo bo ambiente e a cordialidade entre afeccións. O equipo vigués seguirá pelexando por engancharse á carreira polos postos europeos, na que o Athletic, sétimo clasificado, é un rival directo.
Os prezos das entradas para esta xornada oscilan entre os 20 e os 50 euros para categoría ADULTO e entre 15 e 35 para SUB-25. Os despachos de billetes do estadio, abertas habitualmente de luns a venres de 10 a 14 e de 17 a 20 horas, ampliarán o seu horario o martes (de 10 a 20 ininterrompidamente), sábado (de 10 a 14 e de 17 a 20) e domingo (de 10 a 14 e de 17 a 21) desta semana: www.celtavigo.org/taquillaCelta