O canteirán regresa a unha lista da súa selección para participar en dous partidos de preparación
A Selección de Gabón convocou ao canteirán celeste Levy Madinda para dous partidos amigables que ‘as panteras’ disputarán o próximo mes. O combinado gabonés enfróntase o 5 de setembro a Sudán en Libreville (Gabón) e o 8 de setembro a Zambia en Lusaka (Zambia).
Ambos choques servirán para preparar a fase de clasificación para a Copa de África 2017 que organiza Gabón.