Primeiro Equipo

Lemos: “Veño a un gran club. Ala Celta!”

RC Celta

lemospresen1

 

Álvaro Lemos xa é futbolista do RC Celta. O segundo reforzo do club vigués presentouse ante os medios e a afección nun acto celebrado sobre o terreo de xogo de Balaídos. O defensa galego estivo acompañado pola conselleira Carmen Avendaño e polo director deportivo Felipe Miñambres.

 

Avendaño deu a benvida ao santiagués e, en nome do club, expresou a satisfacción pola súa fichaxe e o desexo de que triunfe como xogador celeste: “Esta é a túa casa”. Pola súa banda Felipe Miñambres sinalou a Lemos como un futbolista que nos últimos tempos experimentou unha gran progresión e do que se espera que siga crecendo como futbolista.

 

 

“Veño con moitísimas ganas e ilusión a un gran club, o que considero o primeiro equipo de Galicia, e vou dalo todo por este equipo. Ala Celta!”, declarou Lemos nas súas primeiras verbas como futbolista céltico. O lateral destro foi recibido en Balaídos por un centenar de nenos e nenas dos Campus Fundación Celta, cos que se fotografou tras a presentación.

 

Os asistentes ao acto, que puideron seguilo desde a bancada de Río, tiveron a oportunidade de coñecelo en persoa e levar a casa balóns do Celta asinados polo galego.

 

lemospresen3

 

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas