Primeiro Equipo

Larrivey xogará no Baniyas SC

RC Celta

larrivey-eibar-cel-1415.jpg

O RC Celta e o club emiratí chegaron a un acordo para o traspaso do dianteiro arxentino

 

Joaquín Larrivey xogará no Baniyas SC, da Liga dos Emiratos Árabes Unidos, tras o acordo alcanzado entre o club emiratí e o Real Club Celta.

 

O club vigués agradece ao atacante arxentino a profesionalidade e total entrega coa que defendeu a camiseta celeste durante a súa única tempada en Vigo. O Celta deséxalle o maior dos éxitos na súa nova etapa, tanto no persoal como no deportivo. 

 

 


 

“Grazas a todos os que fixeron que este ano sexa inesquecible para min e a miña familia. Á xente do club, fisios, utilleros, delegado… por facilitarme todo e devolver sempre un sorriso, aos dirixentes por estar sempre en contacto comigo para solucionar calquera circunstancia, á afección por facerme sentir parte importante do club e apoiarme sempre desde o primeiro día no que cheguei, ao gran corpo técnico por darme a posibilidade de crecer xuntos e ensinarme día a día e, fundamentalmente, aos meus compañeiros, aos que se quedaron a facer mais grande ao club e aos que se han ir buscando novas vivencias. Foron realmente excepcionais comigo e espero, de corazón, que se me lembre polo meu paso polo querido Celta como unha boa persoa que deu a vida polos seus compañeiros e pola camiseta. Hermosísima cidade, hermosísima xente e un club que apunta sempre a seguir facéndose máis grande. Esa é a resposta cando alguén me pregunta polo Celta de Vigo. Voume como xogador, pero quedo como seareiro. Ala Celta!”

 

Joaquín Larrivey

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas