juan-hernandez-partido-copa-azagresa-celta-2019-2020.jpg
Primeiro Equipo

Juan Hernández impulsa ao RC Celta na Copa (0-2)

RC Celta

O RC Celta accedeu este xoves á segunda rolda da Copa de SM o Rei tras superar á CD Peña Azagresa (0-2) en Calahorra. Un dobrete de Juan Hernández serviu aos celestes para levar un partido no que debutou o canteirán Sergio Carreira co primeiro equipo.

O equipo celeste dominou de principio a fin a primeira metade. Os de Óscar García gozaron da posesión de balón e case sempre xogaron en campo contrario. Cando xa se superou o minuto 45 Juan Hernández puxo en vantaxe aos de Vigo ao transformar unha acción individual.

Na segunda metade o equipo vigués continuou achegándose á portaría local. Mediado o segundo período Juan Hernández anotaba o seu segundo gol tras conectar unha sensacional volea tras asistencia de Bermejo. No tramo final os de Óscar García limitáronse a controlar o encontro e confirmar a súa clasificación para a seguinte rolda do torneo copeiro.

FICHA TÉCNICA

0- CD Peña Azagresa: Álvaro, Champi, Sergio (Marero, min 65), Manza, Gonzalo, Héctor, Pastor, Yeyu (Pablo, min 75), Bicho (Juan, min 71), Miguel e Izco

2 – RC Celta: Rubén Blanco, Hugo Mallo, Costas, Sáenz (Carreira, min 52), Kevin, Pape Cheikh (Brais, min 84), Fran Beltrán, Juan Hernández (Losada, min 71), Bermejo, Santi Mina y G. Fernández

Goles: 0-1 Juan Hernández, min 46; Juan Hernández, min 68;

Árbitro: César Soto Grado (La Rioja). Amoestou a Champi, Pablo (CD Peña Azagresa) e a Sáenz, G. Fernández, Beltrán (RC Celta)

Campo: La Planilla

 

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas