O canteirán substitúe a Hugo Mallo, lesionado no partido de Copa ante o Real Madrid
Tras a lesión do defensa Hugo Mallo no partido de Copa do Rei ante o Real Madrid, o canteirán Jonny Castro incorpórase á expedición do primeiro equipo en Barcelona. O xoven lateral chegou esta mesma mañá á cidade condal e adestrarase pola tarde co resto dos xogadores.
Jonny apuntou que “foi un pau enorme decatarme do alcance da lesión e do tempo de baixa que supón, é moi duro para Hugo e para o equipo, que perde este tempo a un gran xogador e a unha persoa excepcional. Deséxolle que se recupere canto antes para que o equipo poida volver gozar do seu xogo. Sinceramente, preferiría chegar aquí por outros motivos”.
O canteirán lembrou que “xa levo un tempo adestrando de maneira habitual co primeiro equipo, sinto moi ben cos meus compañeiros, moi integrado e iso é unha gran vantaxe para a miña” e subliñou que “de momento veño para axudar se me necesitan para este partido, non se o que pasará no futuro. Intento sempre estar preparado por se chega a miña oportunidade. Se me necesitan o sábado ou noutros partidos, estarei o cento por cento tratando de axudar ao equipo”.
“Non chego nas circunstancias desexables porque é pola lesión dun gran xogador como Hugo Mallo, pero estou aquí para axudar e iso é o que tentarei. Nese sentido teño a máxima ilusión, sempre é un soño estar aquí”, engadiu o mozo lateral celeste.