Primeiro Equipo

Jonny incorpórase mañá a selección española Sub-20

RC Celta

Jonny Betis-Celta

A partir do 21 de xuño participará co combinado nacional no Mundial Sub-20 (Estambul, Turquía)

 

O canteirán celeste Jonny Castro incorporarase mañá á selección española Sub-20 en Las Rozas (Madrid), desde onde viaxarán a San Pedro del Pinatar (Murcia) para concentrarse até o 15 de xuño.

 

O combinado nacional traballará na localidade murciana de cara á Copa Mundial Sub-20, cuxa decimonovena terá lugar en Turquía do 21 de xuño ao 13 de xullo.

 

Durante a súa estancia en Murcia a selección disputará dous partidos amigables, o 12 de xuño contra Uzbequistán e o 14 contra a selección de Chile. O sábado 15 de xuño a concentración trasladarase de novo a Madrid, desde onde partirán o luns 17 cara a Estambul.

 

A selección española iniciará a fase de grupos do campionato mundial enfrontándose a Estados Unidos o venres 21 de xuño (21:00 horas), medirase ao seu segundo opoñente, Ghana, o luns 24 (21:00 horas) e pechará a liguiña o xoves 27 contra a selección de Francia (20:00 horas).

 

A convocatoria de Jonny Castro premia o traballo do canteirán co primeiro equipo celeste, ademais de referendar o proxecto de canteira polo que o Real Club Celta apostou decididamente.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas