Primeiro Equipo

Jonny apadrina a ‘Invasión Celeste-La Fe Seguros’

RC Celta

A Madroa acolleu este mércores a presentación oficial de ‘Invasión Celeste-La Fe Seguros’, a carreira popular da Fundación Celta que este ano conta co apoio da compañía aseguradora. Ao acto de presentación acudiron Mario Covelo (director comercial da Fe), Germán Arteta (director da Fundación Celta) e o futbolista celeste Jonny Otto, imaxe da cuarta edición da carreira.

O prazo para inscribirse en www.magmasports.com finaliza o próximo 4 de decembro, catro días antes da competición, e xa se contan por centos os participantes. A carreira dividirase en diferentes categorías. Haberá unha distancia de 6’7 km para os adultos con saída e meta no estadio de Balaídos, unha distancia de 1km para os mozos de idades comprendidas entre os 7 e os 14 anos e para os máis pequenos de 2 a 6 anos prepárase unha carreira no interior do estadio. Todo iso acompañado de animación musical, actividades, inchables no interior de Balaídos…

Ademais, como novidade este ano, a Fundación Celta organizará o día 6 de decembro un evento especial na rúa As Avenidas, xunto á Estación Marítima, onde os corredores poderán recoller os seus dorsais e gozar dunha festa para toda a familia. De 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00, os máis pequenos poderán participar en actividades como un taller de llaveros, futbolín humano, tiro a porta… e moito máis.

CATEGORÍAS
11:00 Chiquiceltas.
Nenos e nenas. Nacidos en 2011, 2012, 2013, 2014 e 2015.
Percorrido de 50 metros dentro do estadio.
11:30 Nenos e nenas: Nacidos entre o 2013 e o 2010.
Percorrido de 1 K. Unha volta ao exterior do estadio e meta no interior.
12:00 Homes e mulleres: Nacidos entre 2002 ou anteriores.
Percorrido de 6’7 K.
RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas