Jailson Marqués presentouse o mediodía do venres 5 de xaneiro ante os medios.
O debut en rolda de prensa da primeira fichaxe deste mercado invernal comezou cunha pequena intervención da nova conselleira Xisela Aranda, quen destacou que “nestes días xa estivo moi integrado cos seus compañeiros”.
Seguiulle o recentemente incorporado director de fútbol, Marco Garcés, quen quixo resaltar que Jailson vén cubrir “unha función que nos facía falta, de físico e versatilidade”.
Por último, o xogador, tras saudar aos xornalistas e asegurar que está “moi feliz de estar aquí”, expúxose á quenda de preguntas. Entre as súas respostas acentuou que dará “seguridade defensiva e un bo control de bóla no medio campo; veño agregar cousas ao grupo”.