Primeiro Equipo

Inxusto e cruel empate do Celta nas Palmas

RC Celta

wass-lpacel-1617.JPG

O Celta asinou unha primeira metade primorosa, en presión e finalización, que lle permitiu ir ao descanso cunha vantaxe de tres goles. Na segunda metade, un penalti e a expulsión de Sergi Gómez cambiaron o choque e empuxaron ás Palmas cara ao empate. Os vigueses, con dez, fóronse arriba con orgullo en busca da vitoria, que mereceron e da que se viron privados de maneira cruel.

 

O partido arrincou de maneira espléndida para os celestes. Ao cinco minutos, Wass anotou cun gran lanzamento de falta. O danés colocou o coiro na rede a través do oco que deixaron Cabral e Sergi Gómez na barreira rival. Os celestes realizaban unha presión feroz e moi axustada, que anulaba por completo ao seu rival.

 

Pouco despois, bo pase de Sisto a Iago Aspas e perfecta vaselina, con moi pouco oco, para aumentar a vantaxe celeste. O Celta golpeara dúas veces no primeiro cuarto de hora do choque.

 

E aos 21 minutos chegou o terceiro. Xenial pase de Orellana en profundidade cara a Iago Aspas, quen picou con mestría sobre a saída do porteiro. Os celestes controlaron ben o encontro até o descanso, aínda que contaban cada falta por cartón. Foi unha primeira metade excepcional pola presión e a finalización.

 

Tras a continuación, David García cabeceou á rede tras un lanzamento de falta e apertou o resultado. Tras o tanto, xogada xenial de Iago Aspas, quen se foi de tres rivais, e remate final de Pablo Hernández á madeira. Infortunio enorme para os vigueses, que de novo puideron ampliar a vantaxe cun remate de Radoja ou un fóra de xogo inexistente de Aspas que xa encaraba ao porteiro. Xogada moi clara.

 

A polémica arbitral creceu aos 64 minutos cun dubidoso penalti e a expulsión de Sergi Gómez. O partido complicábase excesivamente para o Celta. De feito, tres minutos despois, Boateng fixo o empate. Os celestes, con orgullo, buscaron de novo a vitoria, aínda en inferioridade, e xeraron boas chegadas, cun remate ao traveseiro de Chelo Díaz no desconto. O Celta mereceu a o triunfo e levou un amargo empate.

FICHA TÉCNICA

3-UD Las Palmas: Lizoain, Michel, David García, Bigas, Dani, Gómez (Livaja, min.61), Roque, Viera, Prince, Tana (Momo, min.75) e Araujo (García, min.85).

3-RC Celta: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez, Roncaglia, Radoja, Pablo Hernández, Orellana (Marcelo Díaz, min.34), Wass (Bongonda, min.78), Sisto (Jonny, min.69) e Iago Aspas.

Goles: 0-1, min.5: Wass; 0-2, min.15: Iago Aspas; 0-3, min.21: Iago Aspas; 1-3, mibn.52: David García; 2-3, min.64: Viera, de penalti; 3-3, min.68: Boateng.

Árbitro: Melero López, do comité andaluz. Expulsó a Sergi Gómez (min.65) y amonestó a Hugo Mallo, Radoja, Iago Aspas, Pablo Hernández, Wass, Marcelo Díaz, Boateng, Momo.

Campo: Estadio Gran Canaria.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas