Primeiro Equipo

Inxusta derrota del Celta ante o Málaga

RC Celta

malagacelta141214.jpg

Charles anotou o gol do empate, anulado por un inexistente fora de xogo (1-0)

 

O Celta arrincou o encontro ofrecendo boas sensacións, manexando o balón e con moita presenza en campo rival. O Málaga pola súa banda agardaba expectante a oportunidade de saír á contra.

 

A primeira ocasión clara chegou ao cuarto de hora de xogo. Un bo desmarque de Charles deixoulle só ante Kameni, pero o porteiro camerunés detivo en dous tempos o disparo do dianteiro céltico. A pesar de que o partido parecía inclinarse ao lado vigués, os locais foron os primeiros en golpear. Samuel finalizou un ataque do Málaga cun gran remate de cabeza co que enviou o balón ao fondo da rede. Corría o minuto 21.

 

O 1-0 deixou tocado ao Celta. O conxunto olívico perdeu frescura e o Málaga aproveitouno para tomar a iniciativa. No minuto 33 Sergio evitou que Santa Cruz anotase o segundo cunha espectacular estirada. O descanso chegou cando os celestes comezaban a dar sinais de recuperación.

 

Tras a continuación o Celta entoouse e retomou a batuta do choque. Os de Berizzo envorcáronse no ataque, buscando o gol con insistencia e ofrecendo detales de xogo de gran calidade, pero a fortuna segue sen sorrir aos olívicos de face ao gol.

 

Mina de cabeza, Orellana só ante o porteiro… o Málaga mantíñase replegado agardando para matar o partido á contra. O Celta merecía o empate e chegou no minuto 69, pero a xogada foi anulada por un fóra de xogo de Charles que non existía. O tanto sería un dos destacados da xornada. Tremenda asistencia de Krohn-Dehli desde mediocampo que deixou só a Charles ante o porteiro. O dianteiro non fallou, pero o tanto non subiu ao electrónico.

 

Kameni encargouse de desbaratar o resto de oportunidades do Celta, xa fose un disparo de Augusto ou un remate de cabeza de Sergi Gómez. Pola súa banda, Sergio tamén respondía con gran acerto para impedir que o Málaga aumentase a súa conta goleadora. Derrota inxusta do Celta, que polo menos se marchou da Rosaleda deixando moi boas sensacións.

 

FICHA TÉCNICA

1-MÁLAGA: Kameni, Rosales, Angeleri, Weligton (Miguel Torres, min.47), Antunes, Samuel, Camacho, Darder, Castillejo (Boka, min.83), Duda (Recio, min.67) e Santa Cruz

 

0-RC CELTA: Sergio, Hugo Mallo (Larrivey, min.85), Sergi Gómez, Fontàs, Jonny, Krohn-Dehli, Augusto, Pablo Hernández (Álex López, min.64), Orellana (Nolito, min.64), Santi Mina e Charles

 

Goles: Samuel, 1-0 (min.21);

 

Árbitro: Del Cerro Grande, do comité madrileño. Amonestou a Rosales, Weligton, Camacho, Recio, Fontàs, Augusto


Campo: La Rosaleda

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas