Os celestes foron moi superiores ata a máis que dubidosa expulsión de Cabral (2-2)
Estraño partido en Almería, cun Celta moi superior na primeira metade, na que cobrou unha clara vantaxe, e un Almería que anotou no primeiro minuto da segunda e empatou ante un rival en inferioridade pola inxusta expulsión de Cabral. Nolito e Santi Mina foron os goleadores célticos.
O partido naceu cun elevado ritmo, cun Almeria moi agresivo e intenso e un Celta que propuña pausa nas súas combinacións para chegar á área rival. Superado o empuxe inicial do rival, o equipo celeste comezou a tocar con velocidade e tras unha larguísima posesión, Nolito anotou cun majestuoso golpeo co interior para colocar o coiro pegado ao pau esquerdo de Rubén.
O encontro xa cambiara de signo antes do gol celeste e ese xiro viuse acentuado despois, cun Celta dominador e un Almería, iso si, que mantiña a súa intensidade e redobraba os seus esforzos en ataque. Pasada a media hora de xogo, o cadro local logrou desactivar aos vigueses e xerar varias chegadas con perigo.
Con todo, aos 38 minutos, Santi Mina aproveitou unha prolongación de Larrivey e un erro defensivo para, con moita fe, perseguir o coiro e superar á meta rival cun sutil toque coa dereita. O descanso chegou coa vantaxe dun Celta moi eficaz e que soubo frear ben o ímpeto local.
Tras a continuación, un minuto tardou o Almería en acurtar diferenzas. Balón solto tras golpear na madeira e Thievy anotou a pracer. Os locais renacían e encaraban a segunda metade con outra perspectiva.
Máis aínda aos 8 minutos coa expulsión de Cabral con vermella directa, inxusta, xa que non houbo apenas contacto e por tanto non foi falta. Thievy deixouse caer entre os dous centrais sen que houbese derriba.
O encontro converteuse nun ida e volta constante, con chegadas dos locais e contras dos celestes. Aos 22 minutos, Zongo logrou o empate nunha xogada con remate fonal de Zongo na interior da área.
Aos 29 minutos, Dos Santos viu a segunda amarela, as forzas igualáronse e o Celta retomou o mando do partido. Ao final, remate á madeira de Augusto no desconto, e empate insuficiente.
FICHA TÉCNICA
2-U.D. Almería: Rubén, Ximo Navarro, Trujillo, Mauro, Casado (Hemed, min.59), Verza, Thomas, Espinosa (Silva, min.66), Dubarbier, Jonathan e Thievy (Corona, min.78).
2-R.C.Celta: Sergio, Hugo Mallo, Fontás, Cabral, Jonny, Augusto, Krohn-Dehli, Orellana, Santi Mina (Álex López, min.84), Larrivey (Pablo Hernández, min.71) e Nolito (Sergi Gómez, min, 57).
Goles: 0-1, min.15: Nolito; 0-2, min.38: Santi Mina; 1-2, min.46: Thievy; 2-2, min.67: Zongo.
Árbitro: José Antonio Teixeira Vitienes, do comité cántabro. Expulsou a Cabral con vermella directa (min.52) e con dobre amarela a Dos Santos (min.74). Amonestou a Thievy, Thomas, Hugo Mallo, Larrivey, Santi Mina.
Campo: Juegos del Mediterráneo.