Primeiro Equipo

Incríble castigo para o Celta ante o Levante

RC Celta

CEL-LEV_13-14.jpg

Os vigueses dominaron todo o partido, non acertaron coas súas ocasións e encaixaron ao final (0-1)

 

O Celta non aproveitou a súa absoluta superioridade e as súas ocasións e nin sequera puido quedar cun punto ante un Levante que defendeu todo o partido con firmeza e acertou no seu único remate, no minuto 88. Os celestes tentárono até o final sen éxito.

 

Choiva intensa nun partido de gran importancia para o Celta, que se aplicou desde o primeiro instante en cercar ao Levante. Ao seis minutos, centro de Santi Mina ao que non chegou Charles por moi pouco na primeira boa aproximación celeste.

 

Pouco despois, boa combinación en ataque, con pase de Charles a Krohn Delhi e remate do danés que atrapou Navas. O Celta dominaba a posesión con claridade e se esmeraba na procura de espazos na poboada defensa visitante.

 

Aos 15 minutos, Santi Mina non puido superar a Navas nun man a man tras outra boa chegada dun Celta moi superior ao rival. E cinco despois, contra celeste con Rafinha habilitando a Nolito e rosca do andaluz que saíu moi preto do pau esquerdo da meta do Levante. Krohn-Dehli rematou desde a frontal aos 23 minutos con gran perigo. O coiro saíu rozando o pau.

 

O partido era un monólogo celeste, con velocidade, bo xogo e ocasións que non frutificaban. O Levante meteuse atrás, empuxado polos vigueses, e o seu único traballo foi destrutivo. Navas despexou, aos 38 minutos un disparo potente de Toni. A choiva aumentou ao bordo do descanso, que chegou sen novidades. Antes do comezo da segunda metade, produciuse un apagamento en toda a zona de Balaídos, que provocou que a segunda metade comezase cun atraso de 18 minutos.

 

O Celta mantivo o seu dominio e a súa intención, co Levante igual, atrás e esperando enganchar unha contra. Os célticos angustiaron aos seus rivais, con chegadas constantes e gran perigo. Nolito a punto estivo de marcar aos 19 minutos cun gran lanzamento de falta que saíu lamiendo o pau. Como un disparo posterior de Santi Mina tras un bo roubo na medular de Rafinha.

 

Charles cruzou en exceso ante Navas noutra ocasión clara dun Celta que merecía unha vantaxe que non chegaba. O Levante foise metendo cada vez máis atrás para protexer o empate e os vigueses topábanse cun auténtico muro. Orellana tampouco acertou aos 39 minutos cun lanzamento na área. A superioridade celeste, absoluta, o seu bo xogo, non tiveron máis premio, si un duro castigo cando o Levante marcou no seu primeiro remate, tras un rexeite.

 

FICHA TÉCNICA

 

0-R.C.Celta: Yoel, Hugo Mallo, Costas, Fontás, Toni, Oubiña, Krohn Dehli (Álex López, min.46), Rafinha, Santi Mina (David, min.82), Nolito (Orellana, min.69) e Charles

 

1-Levante: Keilor Navas, Pedro López, Rodas, Navarro, Juanfran, Simao, Ivanschitz (Vyntra, min.60), Xumetra, Diawara (Barral, min.70), Rubén (El Zhar, min.46) e Diop   

 

Goles: 0-1, min88: Simao

 

Árbitro: Álvarez Izquierdo, do comité catalán. Amonestou a  Rafinha, Orellana e Xumetra

 

Campo: Balaídos, 14.636 espectadores   

 

Fotografía: Diego Pérez

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas